Política de privacidade

De conformidade co establecido nos artigos 13 e 14 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos – RXPD), e os artigos 6 e 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (en adiante, LOPDGDD), polo que se regula o dereito de información na recollida de datos, a continuación inclúese a política de privacidade do sitio web en mobt.xunta.gal/gl/aviso-legal-gl/ , do que é titular a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e que vén complementar o aviso legal e a política de cookies, así como as condicións específicas sobre protección de datos persoais que poidan incluírse en calquera formulario de recollida de datos da dita web.

Esta política de privacidade pode modificarse en función dos cambios nas funcionalidades da Web ou actualizacións normativas. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

O responsable do tratamento é a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (en diante, a Consellería) con domicilio en Edificios Administrativos – San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), e con portal web https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/portada.

Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos – Xunta de Galicia.

Para facilitar as distintas funcionalidades do Portal, trátanse datos identificativos facilitados polas persoas usuarias. En concreto, trátanse os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • NIF/NIE
  • Data de nacemento
  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico
  • Xénero (opcional)
  • Tarxeta bancaria

Os datos recadados poderán ser tratados para as seguintes finalidades:

1.  Xestión da conta de persoa usuaria

Se decide crear unha conta, trataremos os seus datos para xestionar o seu rexistro, manter a súa conta activa e facilitarlle o acceso ás diferentes funcionalidades dispoñibles.

A través da súa conta poderá, entre outras accións:

  • Modificar e actualizar os seus datos de perfil.
  • Planificar, reservar e xestionar as súas viaxes.
  • Gardar liñas, paradas e lugares como favoritos.
  • Consultar e xestionar a súa actividade, incluído o historial de viaxes.
  • Recargar e xestionar o saldo do seu moedeiro.

Para realizar recargas de saldo, solicitaranse os datos da súa tarxeta bancaria. Estes datos poderán conservarse, sempre que vostede así o indique, co fin de facilitar futuras recargas e permitir a realización de recargas automáticas.

2.  Atención de consultas, incidencias e solicitudes a través do formulario de contacto

Se decide contactarnos a través do formulario de contacto, trataremos os seus datos  para para atender, xestionar e dar resposta ás súas consultas, solicitudes de información, queixas, incidencias ou suxestións.

Para o accesos e funcionamento dalgunha das funcionalidades ofrecidas a través do portal (entre elas, planificar viaxes, buscar rutas, etc.), solicitaráselle o acceso á localización do seu dispositivo móbil para localizalo e amosarlle información dispoñible máis próxima a súa localización.

Na solicitude para activar a localización, poderá outorgar o seu permiso para manter a citada localización activa unicamente cando estea en uso de dita funcionalidade, mantela activa sempre (estará activa aínda que non se estea a facer uso da mesma) ou non activala. De rexeitar a súa activación, poderá continuar facendo uso da aplicación con normalidade. O permiso poderá volver solicitarse posteriormente cando acceda de novo á funcionalidade correspondente.

  • A base lexitimadora para o tratamento dos datos persoais das persoas usuarias que deciden crear unha conta é o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos baseada na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e a Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia; así como o Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
  • A base lexitimadora para o tratamento dos datos das persoas que contactan a través do formulario de contacto é o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos baseada na Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.

Os datos persoais con carácter xeral poderán ser comunicados as administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a xestión da súa solicitude ou comunicación; así como as entidades colaboradoras na prestación do servizo.

No caso de que realice unha reserva os seus datos serán comunicados ás empresas de transporte cesionarias dos servizos para a xestión das reservas tramitadas.

Os datos persoais conservaranse mentres sexan necesarios para a consecución das referidas finalidades, para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar destas e do tratamento dos datos e, en todo caso, durante os prazos establecidos pola lexislación vixente.

Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos, concretamente a Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

En atención ao establecido na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, indícanse a continuación os dereitos que lles asisten ás persoas usuarias desta Web e a canle prioritaria para o seu exercicio:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información e, de ser o caso, sobre o dito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.
  • Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no/a interesado/a ou lle afecte significativamente de modo similar.

Canles de solicitude do exercicio dos dereitos:

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado
  • Presencial: presentando a súa solicitude asinada e por escrito en calquera das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás administracións públicas, indicando os seus datos identificativos e o dereito que desexa exercitar.

Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos como autoridade de control (www.aepd.es).

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

Podes acceder a máis información sobre o tratamento de datos persoais na Xunta de Galicia a través de https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.