MoBT é a nova plataforma de Transporte Público de Galicia. Con MoBT dispoñerás dun moedeiro virtual asociado á túa conta que poderás recargar comodamente desde a app e desde a web, sen necesidade de acudir ao banco nin ao caixeiro.
Con MoBT desfruta de novos métodos de pago alternativos ao pago en efectivo e melloras con respecto á actual tarxeta TMG ou Xente Nova.
Con MoBT poderás pagar os teus desprazamentos co móbil mediante un código QR e proximamente, cunha tarxeta bancaria ou a nova tarxeta MoBT.
MoBT aporta novas vantaxes para as personas usuarias do transporte público:
- Descontos aplicados automaticamente ao pagar
- Localización dos buses en tempo real
- Moedeiro virtual na nube
- Consulta de saldo e viaxes realizados
- Planificador de viaxes
Consulta as liñas nas que podes pagar con MoBT
Descárgate MoBT!
Empeza a usar MoBT en menos de 2 minutos
Como rexistrarte en MoBT
Como usar MoBT
Seguimento buses en tempo real
Seguro que che interesa saber
É necesario recargar saldo con MoBT mesmo se dispoño dun título como Xente Nova ou +65 anos?
Si. Aínda que dispoñas dun desconto que faga que o importe da viaxe sexa 0 €, é necesario realizar unha recarga inicial mínima no moedeiro para poder viaxar.
A recarga mínima é de 1 € e é necesaria para habilitar o uso do código QR no autobús. Unha vez realizada a recarga:
- Poderás viaxar aplicando o teu desconto, mesmo se o custo da viaxe é 0 €.
- O saldo recargado non se perde e quedará dispoñible para futuras viaxes sen desconto ou con desconto parcial.
É importante que o teu moedeiro sempre estea por encima dos 0,55 €, xa que este é o mínimo importe indispensable para utilizar o código QR no transporte.
Dispoño dalgunha tarifa especial só por usar MoBT?
Si. Actualmente, ao utilizar o código QR vinculada á túa conta MoBT, aplicarase un desconto global, para calquera viaxeiro, de polo menos o 50% sobre o prezo en efectivo, ao usar MoBT como medio de acceso.
Se ademais, dispós dun desconto personalizado e solicitaches que se asocien á túa conta MoBT (Xente Nova, maiores de 65 anos, familia numerosa, etc.) estes tamén se aplicarán automaticamente no primeiro billete que abones. descontos que poidan corresponderche ao viaxar.
Como funciona a aplicación de descontos en MoBT? Sigo tendo que pagar o billete completo e con que mecanismo se me devolverá?
Con MoBT, os descontos aplícanse directamente no momento do pago. O sistema calcula o prezo da viaxe e aplica automaticamente os descontos correspondentes, polo que só pagas o importe final. Non é necesario adiantar o custo do billete nin esperar devolucións posteriores.
Ademais, os descontos adicionais (idade, familia numerosa, etc.) aplícanse automaticamente se están asociados á túa conta.
Podo migrar o saldo da miña Tarxeta TMG a MoBT?
Poderás facelo en breve, está a finalizarse o desenvolvemento para poder levar a cabo esta operación de forma cómoda, nos caixeiros de ABANCA.
Tes máis dúbidas sobre MoBT?
Consulta a nosa páxina de Preguntas Frecuentes ou contacta co servizo de soporte ás persoas usuarias de MoBT cau-mobt@xunta.gal, 981 546 100 ou a través do formulario de soporte.
Con MoBT búscase impulsar unha transformación dixital desde o punto de vista das persoas usuarias, e avanzar cara a un transporte público dixital e sostible.
Estamos traballando para que nun futuro MoBT sexa un servicio único de pagos e tarxetas de transporte.








MoBT está financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no marco dos compoñentes 1 “Plan de choque de mobilidade sostible, segura e conectada en entornas urbanos e metropolitanos” e 6 “Mobilidade sostible, segura e conectada”.



