Declaración de Accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web da Portal MoBT.

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Poden existir problemas para percibir algúns elementos do sitio afectando aos requisitos 9.1.1.1 Contido non textual, 9.1.3.1 Información e relacións e 9.1.4.3 Contraste (mínimo) de UNE-EN 301549:2022.
    • Pódense experimentar problemas no acceso ás funcionalidades dos elementos do sitio afectando aos requisitos 9.2.1.1 Teclado, 9.2.4.1 Evitar bloques, 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (no seu contexto) e 9.2.4.7 Visibilidade do foco de UNE-EN 301549:2022.
    • Pode non estar dispoñible algunha información relativa a elementos do sitio que afecte a comprender como usar estes elementos ou a información que proporcionan afectando aos requisitos 9.3.1.2 Idioma das partes e 9.3.3.2 Etiquetas ou instrucións de UNE-EN 301549:2022.
    • Algúns navegadores ou produtos de apoio poden experimentar problemas para interpretar algúns elementos deste sitio afectando ao requisito 9.4.1.1 Procesamento de UNE-EN 301549:2022.
  2. Carga desproporcionada: non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

Esta declaración foi preparada o 27/05/2026.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 27/05/2026.

En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018 pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web.

Tamén pode presentar:

  • unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
  • ou unha solicitude de información accesible relativa a contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 (segundo establece o artigo 3.4) ou a contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada. Na solicitude de información accesible débense concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e peticións que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia. Poden presentarse a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar esa reclamación se transcorre o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 27/05/2026.