A XUNTA INFORMA DE POSIBLES ATRASOS POR OBRAS NOS SERVIZOS DE BUS NO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

Debido ás obras que se están a realizar no firme das rúas de Xinzo de Limia durante o mes de maio, os servizos de autobús que circulan nesta vila poden sufrir demora no tempo de percorrido estimado e nas paradas.

A Xunta lamenta as molestias e recomenda ás persoas usuarios adecuar a planificación das viaxes mentres duren os traballos.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.