AVISO IMPORTANTE: A XUNTA RECOMENDA CONSULTAR CON ANTELACIÓN OS HORARIOS DOS SERVIZOS DISPOÑIBLES NAS DATAS MÁIS SINALADAS DO NADAL

A Xunta lembra ás persoas usuarias do transporte público que, o mesmo que en anos anteriores, os servizos de autobús poden ter variacións nalgúns horarios nas datas máis sinaladas do Nadal con respecto a outras datas festivas. En concreto, determinados servizos das últimas horas dos días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, así como os servizos das primeiras horas dos días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, modifícanse tendo en conta a circunstancias específicas destas datas e favorecendo a conciliación do persoal que presta o servizo. Por este motivo, recoméndase que as persoas que vaian viaxar no transporte público de Galicia os días sinalados comproben a información actualizada referente aos servizos dispoñibles nesas datas singulares. Para facilitar estas consultas, os horarios dos servizos activos en cada unha das datas atoparanse actualizados no buscador da páxina web mobt.xunta.gal e na aplicación móbil Transporte Público de Galicia, seleccionando a orixe, o destino e a data concreta da viaxe.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.