A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS NOS SERVIZOS DO DÍA 22 AO 25 DE FEBREIRO.

A Xunta de Galicia informa que con motivo da celebración do evento deportivo O Gran Camiño entre o 22 e o 25 de febreiro, os servizos de transporte público por estrada de toda Galicia poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de tráfico de estradas.

Os días de afección por provincia son os seguintes:

  • Xoves, 22 de febreiro: provincia da Coruña
  • Venres, 23 de febreiro: provincia de Lugo
  • Sábado, 24 de febreiro: provincia de Ourense
  • Domingo, 25 de febreiro: provincia de Pontevedra

Para máis información do percorrido do evento deportivo, pode consultarse a seguinte ligazón: https://ograncamino.gal/percorrido?lang=gl

Imaxes

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.