A XUNTA AMPLÍA OS SERVIZOS DE TRANSPORTE PÚBLICO ENTRE OURENSE, CELANOVA E BANDE E FACILITA OS ENLACES CO RESTO DA BAIXA LIMIA E TERRAS DE CELANOVA

A Xunta de Galicia ampliará a partir do xoves 12 de xuño o servizo de transporte interurbano na liña XG603001 Bande – Ourense.

A liña Bande – Ourense contará con novas frecuencias e adaptaranse os horarios existentes á demanda actual. De luns a venres non festivos crearanse dous novos servizos de media mañá e, para dar resposta ao incremento da demanda os venres pola tarde, engádese unha nova expedición en cada sentido.

Os sábados haberá dous servizos de ida e dous de volta entre Ourense e Bande e os domingos ampliarase a oferta con tres servizos de ida e tres servizos de volta ao longo do día

Nos días festivos, estas comarcas disporán dunha oferta que ata agora non existía, con dous servizos en cada sentido.

Ademais, axustaranse horarios e conexións noutras liñas para facilitar os transbordos e prestarlle mellor servizo ao resto da comarca da Baixa Limia e á de Terras de Celanova, con enlaces en Bande, Celanova e A Manchica.

Toda a información dos servizos está dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal e na aplicación móbil Transporte Público de Galicia.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.