A XUNTA ADAPTA DESDE O 2 DE XANEIRO OS HORARIOS DOS AUTOBUSES ENTRE O BARCO DE VALDEORRAS E A GUDIÑA PARA FACILITAR 7 ENLACES AO DÍA COS TRENS ENTRE GALICIA E MADRID

A Xunta adapta desde o próximo xoves, día 2 de xaneiro, os horarios dos autobuses entre O Barco de Valdeorras e A Gudiña para facilitar 7 enlaces ao día cos trens entre Galicia e Madrid.

Para conectar con 4 servizos ferroviarios que saen cara a Madrid de luns a venres laborables, axústanse os horarios de 4 autobuses que sairán do Barco de Valdeorras ás 06:45, 12:00, 14:15 e 17:45 horas.

Os usuarios que cheguen á Gudiña contarán con autobuses que sairán cara ao Barco de Valdeorras ás 09:20, 19:30 e 21:20 horas de luns a venres laborables. No caso deste último servizo do día, que finaliza en Viana do Bolo, dispoñen dun servizo coordinado con este que se presta baixo demanda entre Viana do Bolo e o Barco de Valdeorras ás 21,45 horas, polo que para esta última etapa da viaxe deberán realizar unha reserva previa.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.