A XUNTA ACTIVA DENDE O 23 DE SETEMBRO UNHA NOVA LIÑA DE AUTOBÚS ENTRE PONTEVEDRA E A ESCOLA DE CANTEIROS

A partir do 23.09.2024, facilitaranse dous novos servizos con saída de Pontevedra E.A. ás 8:05h e chegada a Escola de Canteiros ás 8:18 horas e saída da Escola de Canteiros as 15:00 horas e chegada a Pontevedra E.A. as 15:13 horas, de luns a venres non festivos. Ambos os dous servizos estarán operativos en tempada lectiva.

O itinerario contará cos seguintes puntos de paso: Escola de Canteiros, Ponte da Barca, Pontevedra-Avda. Corbaceiras, Residencia de Maiores Campolongo e Pontevedra E.A.

Lembre consultar os horarios actualizados a través do buscador da páxina principal da páxina web mobt.xunta.gal.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.