A XUNTA ACTIVA CATRO SERVIZOS DE AUTOBÚS AO DÍA ENTRE MARÍN E O APARCADOIRO DISUASORIO DA PARROQUIA DO CAMPO

A partir do 09.12.2024, facilitaranse catro servizos de autobús ao día entre o centro urbano de Marín e o aparcadoiro disuasorio da parroquia de O Campo.

Os traslados en autobús entre o estacionamento disuasorio e Marín realizarase en dúas liñas que ofrecerán cada unha un servizo de ida e outro de volta de luns a venres laborables. Os servizos saíran do aparcadoiro cara a Marín ás 9,30 horas e ás 10,00 horas e desde Marín, de regreso, ás 12,00 horas e ás 13,00 horas.

A nova liña Marín-O Campo aparcadoiro (por Castro), creada para conectar o espazo co centro urbano de Marín, contará con seis paradas: Cidrás, Moreira, Porteliña, Castro e O Campo aparcadoiro.

A liña XG625026 Marín-O Campo aparcadoiro (por Allariz), que xa se atopaba operativa entre Marín e a localidade de Seixo adaptou o seu itinerario engadindo once paradas: Vista Alegre, Pardavila Canteira, Pardavila, Pazo Cadro, Silvestre, Troncosa, Allariz, Iglesario, Cernello, Torre e O Campo aparcadoiro.

Lembre consultar os horarios actualizados a través do buscador da páxina principal da páxina web mobt.xunta.gal.

Imaxes

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.